Nos últimos anos, a Maker Faire Galicia foi testemuña de proxectos incribles que foron desenvoltos por makers no seu tempo libre e con moi poucos medios.
Estes makers hoxe en día converteron ese proxecto na súa forma de vida e visítannos de novo para contarnos como o conseguiron e cales foron as aprendizaxes do camiño percorrido.
Informático que traballou no hardware de sistemas, datacenter e virtualización, desde 2013 pasa a dedicarse por completo á fabricación aditiva e ao deseño 3D. É cofundador de 3D LimitLess.
Mozo emprendedor que gañou numerosos premios e participou como relator en numerosos eventos. É fundador e creador de Glassear, o casco que democratiza a realidade mixta ao permitir que os usuarios se conecten sen esforzo e experimenten experiencias dixitais de próxima xeración.
Dedicou a última década ao ecosistema startup galego a través de Iniciador, Startup Weekend, Startup Galicia ou NOS Day, entre outros. Actualmente é senior Director of Community en Techstars, un fondo de investimento e unha das aceleradoras máis importantes do mundo.
Titulado en deseño de produto en Asturias, con mais de 15 anos de experiencia no deseño industrial, é o desenvolvedor do Extrusor de Pellet para a impresión 3D e fundador da marca MAHOR· XYZ.