Charlas

Sen inscrición previa  - 11:15

Contido gravado

A innovación educativa é tan complexa e depende de tantos factores, que é necesario abordala cun enfoque amplo.

Nesta mesa analizaremos os diferentes factores que inflúen nesa innovación na aula e das diferentes realidades onde se produce esa innovación, desde un colexio ou instituto públicos a unha academia de extraescolares ou a unha empresa que deseña o mobiliario onde se desenvolve dita innovación.

Ponentes

Paz Picallo

Licenciada en Farmacia e especializada en  microbiología pola universidade da Coruña. Realizou o máster europeo de formadores e posúe tamén un máster en márketing e dirección de empresas. Na actualidade está centrada en crear novas experiencias educativas a través do deseño de talleres, actividades e campamentos temáticos dentro do proxecto VermisLAB.

 


José Viñas

Licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolveu labores de coordinación de escola piloto en varios proxectos de ciencia europeos como XploreHealth, InGenious ou Go-Lab. Foi mentor nos proxectos internacionais WorldBiotech e Design Squad Global. Na actualidade, é desenvolvedor do proxecto NBS (Nature Based Solutions), coordinador do proxecto Erasmus+ Being a Biomaker,  presentador no programa de divulgación científica Aquelando da TVG e é Embaixador Scientix (Plataforma europea de ensino das ciencias) para España.


Teo Manzano

Director de Marketing e Desenvolvemento de Produto en  Steelcase


María del Camino Pereiro

Directora no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en Monfero, no que as tecnoloxías son parte fundamental do ensino, apostando pola súa vertente máis creativa para facilitar a comprensión das mesmas desde unha perspectiva construtiva e crítica que dea valor ás potencialidades persoais, grupais e do propio medio no que se desenvolven. Programas como a Radio escolar (tecnoloxía tradicional desde unha perspectiva emerxente), Xenios (para o desenvolvemento do pensamento computacional) ou o programa Digicrat (para adquirir as competencias dixitais) son un bo exemplo deste tratamento.

 


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online