Charlas

Sen inscrición previa  - 16:45

Contido gravado

Se hai un concepto que oímos de forma reiterada nos últimos meses foi o da economía circular. Realmente sabemos o que significa? é unha moda? veu para quedar? é un concepto xa caduco? que relación ten coa enerxía?

Para dar solución a estas preguntas contaremos cunha mesa chea de referentes no sector e que contan con perspectivas moi diversas que enriquecerán enormemente a discusión.

Ponentes

Miguel Varela

Enxeñeiro informático con máis de 16 anos de experiencia traballando no sector do medio ambiente e a xestión de residuos. Traballou para a Xunta de Galicia desenvolvendo un dos primeiros sistemas de control da xestión de residuos a nivel estatal (SIRGa). Na actualidade é cofundador e CEO de Teimas, startup especializada en software na nube para o sector da economía circular, xestión de recursos e residuos e sustentabilidade.


Gumersindo Feijoo

Catedrático de Enxeñería Química da USC desde o ano 2008. Participou en 17 proxectos europeos e 15 proxectos do plan nacional, con distintas liñas de investigación como a análise de ciclo de vida, pegadas ambientais ou economía circular. Conseguiu diversos premios, destacando o Premio “Madre Tierra” da Federación Española da Recuperación e a Reciclaxe no 2019. Actualmente é o Vicerreitor de Planificación na USC.


Juan Ignacio Rodríguez

Enxeñeiro de minas con 15 anos de experiencia profesional no ámbito da eficiencia enerxética, a sustentabilidade ambiental e o aproveitamento de fontes renovables de enerxía na edificación e a industria. É profesor no Máster de Enerxía e Sustentabilidade impartido na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo e profesor asociado do Departamento de Enxeñería Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos da devandita Escola. Actualmente é o director xeral do Centro Tecnolóxico de Eficiencia e Sustentabilidade Enerxética –  EnergyLab.


Bea Noya

Doutora en ciencias químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xestión de Proxectos. Participou en varias asociacións promovendo a economía circular e a cohesión social, tamén ten experiencia no ámbito farmacéutico. Actualmente é xestora de proxectos en BioBridges.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online