Moitas veces cando falamos de aplicación da tecnolóxica nun determinado sector, facémolo dun modo moi abstracto e pouco aterrado. Para evitar isto, configuramos esta mesa onde falaremos de casos reais cos seus protagonistas.
Ademais introduciremos o concepto de Open Data e reflexionaremos, desde os diversos puntos de vista, como isto pode cambiar radicalmente a interacción do usuario en ambos os sectores.
20 anos de experiencia a nivel global nas áreas de vendas, participados e desenvolvemento de negocio nos sectores tecnolóxicos e de saúde dixital. Parte dos equipos executivos de grandes empresas como Cisco Systems e Wolters Kluwer, onde traballou en 6 continentes. Na actualidade Pilar é fundadora de I-Expand (www.i-expand.com), unha consultoría que axuda a empresas de saúde dixital a internacionalizar as súas solucións.
Licenciado en Dereito pola UDC e Master en Tributación polo Centro Garrigues. Traballou no ámbito do asesoramento a empresas para PwC e Deloitte. Actualmente é responsable da transformación dixital de Cafés Candeas, sendo patrocinador na implantación do ERP e CRM corporativo así como de diversos proxectos de BI e IoT.
Enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia.En 2018 únese como adxunto ao CEO de Zendal onde realiza labores de estratexia, desenvolvemento de negocio, director do proxecto estratéxico de dixitalización de todo o grupo, procura,investimento e acompañamento a startups, responsable de innovación e director da FundaciónMentor que presideAndrés Fernandez. Actualmente ocupa a presidencia de DIH DATAlife enrepresentación de ZENDAL.
Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela e Executive MBA por ESADE Business School. Cofundadora, presidenta e directora executiva de NANOGAP. Con ampla experiencia en desenvolvemento empresarial, química e finanzas; axudou a construír a carteira de propiedade intelectual de NANOGAP e liderou avances no desenvolvemento de negocios, licenzas, desenvolvemento de proxectos e asociacións estratéxicas.