Charlas

Sen inscrición previa  - 18:30

Contido gravado

Os combustibles fósiles teñen data de caducidade e o planeta non se pode permitir a pegada de carbono actual. Para darlle a volta a esta situación, necesitamos apostar por enerxías limpas como o hidróxeno e levar adiante un proceso de transición ecolóxica.

Analizaremos as alternativas que temos na actualidade e o nivel de impacto que supoñen cada unha delas.

Ponentes

Francisco Silva Castaño

Doutor en enxeñería de minas e máster en Ciencias en Xestión de Tecnoloxía (MIT). Ten experiencia en diversos campos do sector enerxético (renovables, carbón, hidrocarburos e gas natural), medio ambiente, industria química, derivados da madeira e actividades marítimas e portuarias. Actualmente é Delegado de Iberdrola en Galicia.


 


Beatriz García

Xornalista especializada no sector naval e na enerxía. Desde 1991 pasou por distintos cargos e medios. Recibiu o Premio Xornalístico Luís Mera no 2015; Premio Xornalístico da Asociación de Navieros Españois nese mesmo ano e Premio Galicia de Enerxía 2019, no apartado de Comunicación. Actualmente é redactora da sección de Economía e Laboral da delegación de La Voz de Galicia en Ferrol.


Ivan La Laguna

Director do Departamento de innovación, enxeñería e integración en  INYCOM, consultor en múltiples proxectos de análises de estado e desenvolvemento de plans de actuación en novas tecnoloxías, dixitalización, Analytics e Big Data.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online