Charlas

Sen inscrición previa  - 19:15

Contido gravado

Sabías que a industria téxtil é a segunda máis contaminante do mundo despois da petroleira?

Nesta mesa analizaremos esta problemática e reflexionaremos, con catro galegas referentes no sector e desde ópticas moi diversas, sobre o que podemos facer como sociedade e como industria para darlle a volta e facer que sexa sostible.

Ponentes

Lola Dopico

Doutora en Arte pola Universidade de Vigo e membro do persoal docente e investigador da Facultade de Belas Artes nas áreas de deseño e tecnoloxía desde 1994. Impartindo docencia en áreas de teoría do deseño e análise de tendencias. Directora de ESDEMGA, Estudos Superiores de Deseño de Moda, na Facultade de Belas Artes, desde 2004. Na actualidade lidera o Master Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda da Universidade de Vigo. Na súa traxectoria destaca a creación de proxectos centrados no ámbito da cultura do deseño e a moda. Desde 2007 é directora da pasarela DEBUT, un evento de exhibición de creadores de moda noveis, que se celebra na cidade de Pontevedra. Destaca a súa traxectoria como comisaria no contexto da moda contemporánea, a elaboración de proxectos expositivos neste ámbito entendida como un labor de difusión da investigación e cuxa misión é contribuír ao desenvolvemento da cultura do deseño e a moda. 


Idoia Cuesta

Idoia Cessta é licenciada en Bioloxía pola Universidade do País Vasco en 1992 e licenciada de grao en Zooloxía e Bioloxía animal pola Universidade de Santiago de Compostela en 1998. A artesanía namorouna en 1998 e iniciou a súa actividade artesanal no ámbito da cestería e o téxtil. Desde entón formouse en diferentes especialidades xunto a profesionais de diferentes disciplinas: tinguiduras naturais, tear de baixo e alto lizo, feltro modelable, reciclaxe, técnicas de tecido de cestería tradicional galega, peninsular, irlandesa, finlandesa e danesa… O seu traballo viuse recoñecido coa Mención Especial do xurado na categoría ‘Innova’, edición 2011 dos Premios Nacionais de Artesanía (Fundesarte) ou o Premio Nacional de Artesanía na categoría de produto edición 2014 e as súas coleccións están presentes en Feiras internacionais como Maison& Object (Paris), Tendence (Frankfurt), Tent London e Formex (Estocolmo). Desde o 2000 imparte  workshops relacionados con algún dos aspectos da súa obra e participa en encontros e congresos tanto a nivel nacional como internacional.


Maria Almazán

María Almazán conta cunha ampla experiencia en todo o proceso téxtil, desde deseño e  patronaje, pasando pola organización e negociacións de compras, ata o control de producións. Tras unha primeira etapa en grandes empresas decidiu emprender o seu propio proxecto empresarial, co foco en sustentabilidade. Desta experiencia xurdiu o seu contacto coa Fundación Fabrics For Freedom, onde asumiu o posto de directora, o que lle permitiu continuar especializándose e aplicar estratexias de sustentabilidade a toda a experiencia acumulada en xestión de producións. DesdeDecembro de 2016 forma parte da rede de  fellows de Ashoka. É a directora de Latitude. Un proxecto que naceu coa vocación de ser o centro de referencia para producións de Moda sostibles en Europa. Un proxecto coherente que persegue xerar un cambio positivo no sector da moda a través dunha ferramenta dixital, a súa certificación, a súa comunicación e o seu produto. Coordinadora da área téxtil de  coronavirusmakers.org, actualmente colabora no impulso da iniciativa asociativa Más Que Makers, tamén na área téxtil do movemento Maker.


Arantza Vilas

Arantza Vilas é artista e deseñadora téxtil, o seu estudo Pinaki Studios xorde como proxecto entre a arte, o deseño, a artesanía e a investigación. O estudo fíxose coñecido por realizar proxectos para clientes como HBO e BBC, expuxo en galerías e museos como o Mart en Trento (Italia) e a Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) e apareceu en varias publicacións internacionais. Foi profesora asociada na Universidade das Artes de Londres e na actualidade mantense vinculada a proxectos de investigación na Universidade das Artes de Berlín e o Royal College of Art (Reino Unido).


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online