Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

O futuro da Medicina pasa pola Medicina personalizada que nos permite facer tratamentos máis dirixidos para cada individuo aumentando a súa eficacia e diminuíndo os efectos adversos. Con esta perspectiva a xenómica xoga un papel esencial. Describiremos o seu papel nesta medicina de precisión, a súa importancia na enfermidade xenética rara e na enfermidade común, especialmente cancro e os grandes proxectos nacionais e internacionais en marcha.

Ponentes

Ángel Carracedo

Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC). Director da Fundación Pública  Galega de Medicina  Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia) e Director do Centro Nacional de  Genotipado- ISCIII. Autor de numerosos libros e artigos en revistas internacionais. As súas principais liñas de investigación actuais inclúen a xenética do cancro e das enfermidades psiquiátricas en idade infantil, as enfermidades raras e a farmacoxenómica. Recibiu numerosos premios entre os que destacan o Premio Rey Jaime I de investigación, Medalla  Adelaide, Medalla  Galien, a Medalla de Ouro de Galicia, Premio Nacional de Xenética, Cruz ao Mérito Policial, Cruz ao Mérito da Garda Civil, Medalla de Ouro e brillantes do Colexio Médico, Premio Fernández Latorre, Premio Prismas de Divulgación, Premio Galicia de Investigación, Medalla Castelao, Premio Novoa Santos, entre outros moitos. Doutor  Honoris Causa por varias universidades de Europa e América e membro de varias Academias a nivel nacional e internacional.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online