Charlas

Sen inscrición previa  - 12:45

Contido gravado

Unha das potencialidades do movemento maker está na inclusión, concretamente en todo o referente con produtos de apoio. A través de tecnoloxías como a impresión 3D ou as máquinas CNC pódense facer produtos máis accesibles e adaptados aos usuarios e grazas ao coñecemento en aberto moitas solucións pódense atopar deseñadas.

Pero a inclusión na aula é moito máis que isto, por iso configuramos unha mesa que nos achegará unha visión ampla de como se pode facer unha educación máis inclusiva en ámbitos totalmente diversos.

Ponentes

Pablo Vilariño

Instrutor de Tiflotecnoloxía e Braille no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. Encárgase da formación a afiliados á ONCE en Tiflotecnoloxía e nos recursos de accesibilidade de aplicacións informáticas, así como a orientación a persoas relacionadas coa educación.

 


Margarita Sebastián Herranz

Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Madrid. Desde 1981 ata a actualidade ha traballador no IMSERSO como psicóloga integrante dun Equipo de Valoración e Orientación (EVO), psicóloga no Centro Ocupacional Juan de Austria con funcións de coordinación e experiencia en orientación e integración laboral, no Centro de Referencia Estatal de Autonomía Persoal e Axudas técnicas do IMSERSO na área de Información e Asesoramento en Produtos de apoio e Deseño para Todos, e como profesora en diversas accións formativas.

 


Javier Mur

Mestre de Educación Primaria, Licenciado en Psicopedagoxía e Máster en Aprendizaxe ao longo da Vida pola Universidade de Zaragoza. Actualmente docente interino da Xunta de Galicia e formador de docentes. Durante o seu segundo ano como docente en Monzón realizou o "Proyecto Guillén", co obxectivo de integrar a un alumno que non podía asistir ao colexio debido a unha enfermidade. Esta experiencia recibiu o premio Francisco Giner de los Ríos que outorga o Ministerio de Educación no ano 2016.

 


Felo Couto

Mestre no Centro de Educación Especial Nosa Señora de Lourdes da Coruña. Traballa na adaptación de software educativo para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo, así como outros recursos TIC e Formacion do Profesorado. Actualmente está inmerso no universo 3D con varios proxectos na aula, como a creación de Produtos de Apoio para a Autonomía e a impresión 3D a partir de plásticos de refugallo.

 


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online