Charlas

21/11/2020   16:00 - 16:30

Conéctate en directo

Na ciencia ficción móstrannos displays capaces de proxectar gráficos tridimensionales no medio do aire e que varias persoas poden ver desde diferentes ángulos. Nesta charla repasaremos como de preto estamos de conseguir os hologramas que vemos nas películas. Ademais, analizaremos as opcións existentes para crear un holograma na nosa casa: filme holográfico, array lenticular, scratch hologram… A charla terá algo de contido técnico, pero será alcanzable para todo o público. A estrutura básica será un repaso dos hologramas que se nos ensinan nas películas, o último en investigación sobre displays 3D, produtos comerciais e hologramas DIY.

Ponentes

Asier Marzo

Asier Marzo é doutor en informática pola Universidade Pública de Navarra, onde desenvolve o seu labor investigador e docente. Realizou investigacións no ámbito dos videoxogos, realidade aumentada e levitación acústica. O seu traballo actual céntrase en utilizar o son e a luz para manipular a materia. Os seus proxectos de investigación apareceron en varios programas de televisión da BBC, Antena 3 e en blogues de tecnoloxía (Xataka,  Microsiervos, I fucking love science).

 


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online