A senda de transición cara un mundo máis sostible e a transformación cara novos modelos require de cambio e dun compromiso por parte de toda a sociedade e da súa colaboración a todos os niveis. Neste contexto, as industrias culturais e creativas sitúanse como o eixo vertebrador deste proceso, sendo ao mesmo tempo motor e facilitador.
Dende SINSALAUDIO queren contribuir a esta transición tecendo vínculos entre os distintos axentes (empresas, administracións, universidades, artistas, entidades sociais) co obxectivo de crear, de forma conxunta, proxectos que inspiren, eduquen e impulsen ao cambio.