Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Probablemente a industria que vexamos nos próximos 5 anos sexa moi diferente á que coñeciamos antes deste 2020. Nese cambio, hai unha serie de tecnoloxías, moitas delas Opensource, que xa están a mellorar moitos procesos e serán clave a curto prazo nun contexto como o actual.

Falaremos de exemplos concretos en sectores como o da automoción e reflexionaremos sobre os límites da aplicación destas tecnoloxías e da Intelixencia Artificial na industria.

Ponentes

Fran Yáñez

Enxeñeiro, directivo nunha multinacional do sector automoción e escritor, tamén é membro do Think Tank da Agrupación industrial de Empresas de Automoción de Galicia; titor en BFA e executivo en  DIHGIGAL, un Hub estratéxico para a innovación e dixitalización da Industria.


Senén Barro

Catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial. Foi reitor da USC, videpresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas e presidente de RedEmprendia. Actualmente é director científico do CiTIUS-Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela.


Jan Puig

Enxeñeiro Industrial pola UPC, desenvolveu a súa carreira en multinacionais da automatización industrial. Actualmente é o responsable de vendas e márketing da multinacional alemá Pilz para España e Portugal, ademais de membro da xunta directiva da Asociación Española de Robótica e Automatización (AER).


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online