A crise actual puxo en evidencia tanto a dependencia que a industria mundial ten de China como dos elementos físicos. Isto levou a falar cada vez máis da necesidade de repensar a forma na que fabricamos e sobre todo a forma na que achegamos valor.
Pode a industria vivir de servizos que non dependan dunha materia prima? É posible ser competitivos nun mercado global fabricando en local? Estas e outras preguntas debateranse nesta mesa, rica en perspectivas diversas, que inaugurará a segunda das xornadas da industria.
Traballou como responsable de comunicación na Comisión Europea en Bruxelas no relativo á Estratexia Europea de Dixitalización da Industria, como consultora de comunicación noutras organizacións como Patrimonio Nacional e Consello da Cultura Galega e como xornalista en España e Reino Unido. Actualmente é directora de Comunicación e Marketing en Asime, a Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia.
Licenciada en Dereito Económico Empresarial, máster en Prevención de Riscos Laborais e certificada pola World Compliance Association en Corporate Compliance. Desde 2016 é a Secretaria Técnica do Consorcio Aeronáutico Galego, formando parte con anterioridade do Consello de Administración de Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (UDEGA).
Durante máis de 20 anos desempeñou funcións como investigador e asesor en áreas como políticas de innovación, competitividade industrial, atracción de investimentos estranxeiros e outras cuestións de desenvolvemento socio-económico. Actualmente é o investigador principal da área de Internacionalización e Servitización de Negocios en Orkestra-IVC.
Na actualidade é Director de Comunicación en Conecta Industria, tamén é Director de CITECH, Cumbre de Industria y Tecnología, e presidente de Makers Asturias que foi fundada despois da primeira edición de Citech e que ten xa máis de 50 socios.