Nunha época onde coidar a saúde é fundamental esta app axúdanos a escoller comida real e a manter os nosos hábitos a través dunha comunidade moi activa.
Nos últimos anos o movemento Realfooding creceu de maneira exponencial, My real food nace para axudar ás persoas para volver a unha dieta baseada en comida real, aprendendo a través desta app a analizar a composición dos produtos e alimentos, a elixir aqueles máis saudables. Tamén che ensina a elaborar receitas sas e deliciosas cos alimentos e a marcarse obxectivos para mellorar o teu estilo de vida, podendo compartir todo isto cunha gran comunidade a través da súa propia rede social, un apartado onde podes compartir publicacións, os teus progresos, seguir a outros usuarios, etc.