NeuroTechX facilita o avance da neurotecnoloxía mediante a creación de comunidades sólidas, a mellora do coñecemento e a promoción do desenvolvemento profesional. En Galicia contamos cun chapter de NeuroTechX (NeuroTechGAL), que tamén estará na feira.
NeuroTechX é unha organización sen ánimo de lucro que loita por facilitar o avance da neurotecnoloxía partindo de 3 alicerces básicos como son a comunidade, a educación e o desenvolvemento profesional. Na actualidade contan con case 16.000 entusiastas da neurotecnoloxía en todo o mundo, que discuten sobre proxectos de neurociencia, tecnoloxía e DIY na súa comunidade.