Charlas

Sen inscrición previa  - 13:15

Contido gravado

James Bruton antigo deseñador de xoguetes e actual youtuber do mundo maker e de robótica en xeral. Realizou proxectos incribles de código aberto que comparte con todo o mundo a través da súa canle, sendo un dos máis coñecidos o chamado Open Dog, un can  robótico de código aberto que podes replicar na túa propia casa.

Hai uns anos Boston Dynamics sorprendeu a todos cando lanzou o seu famoso robot con forma de can, agora, grazas a James Bruton, podemos atopar un robot realizado con tecnoloxías do mundo maker que ao ser de código aberto pode ser accesible a todo o mundo.

Nesta charla falará de como o Open source pode beneficiar á industria tradicional.

 

 

Ponentes

James Bruton

Antigo deseñador de xoguetes, James Bruton é hoxe en día youtuber do mundo maker e de robótica en xeral. Esta paixón pola robótica levoulle a realizar proxectos incribles de código aberto que comparte con todo o mundo a través da súa canle. Este incrible enxeñeiro eléctrico e mecánico levou o “do it yourself” a outro nivel coa creación de diversos proxectos como a construción de varios  droides de Star Wars, así como varios proxectos de Marvel como Iron Man e Hulkbuster entre moitos outros. Quizais un dos seus proxectos máis coñecidos é o chamado Open Dog, un can robótico de código aberto que podes replicar na túa propia casa.


Enrique Saavedra

Co-organizador de Maker Faire Galicia


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online