Os produtos de apoio son dispositivos creados especificamente para axudar ás persoas con diversidade funcional e persoas maiores a realizar diferentes actividades cotiás, de lecer, educativas e laborais. O prezo comercial destes produtos é excesivo e aínda quedan moitas necesidades que aínda non están cubertas polos dispositivos.
Nesta charla ofreceranse diferentes alternativas de baixo custo, moitas ideas e recomendacións para o deseño e elaboración de produtos de apoio. Unha información moi interesante tanto para as persoas que teñen este tipo de dificultades no seu día a día, e as súas familias, como para o público xeral.