Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Máis que nunha época de cambios, cada vez son máis as voces que falan dun cambio de época. Novas tecnoloxías como a computación cuántica, o 5G ou a Intelixencia Artificial, prometen cambiar radicalmente o mundo como o coñecemos hoxe en día.

Para debater sobre este novo mundo 5.0 contaremos con especialistas en cada unha destas tecnoloxías, que nos axudarán a visualizalo e a entendelo mellor.

Ponentes

Marta Pita

Enxeñeira física e matemática, especializada na área das tecnoloxías cuánticas. Tras unha estancia en Microsoft Station Q, comezou o seu doutoramento no centro de investigación QuTech, nos Países Baixos. Actualmente traballa no desenvolvemento e  nanofabricación de qubits, as unidades básicas para procesar información nun computador  cuántico.


 

 


Federico Ruiz

Enxeñeiro de telecomunicación. Anteriormente foi co-fundador e CTO dunha empresa Fabless de semiconductores e CEO dunha start-up de trading de alta frecuencia. Actualmente é responsable do Observatorio Nacional 5G, unha iniciativa conxunta de Mobile World Capital Barcelona, do Ministerio de Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e de Red.es.


Vicente Moret

Licenciado en Química, doutor en Física, recibiu numerosos premios ao longo da súa traxectoria e é recoñecido especialista en Aplicacións Médicas de Intelixencia Artificial, Medicina de Monitoraxe Intelixente, Modelos de Razoamento Impreciso en Medicina e Validación de Sistemas Intelixentes. Actualmente é catedrático do departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información na UDC.


 

 


José Antonio Galdón

Graduado en Enxeñería Eléctrica e Enxeñeiro Técnico Industrial,  master en Prevención de riscos Laborais e doutor pola Universidade Politécnica de Valencia. Desde 2011 é Presidente do COGITI (Consello Xeral de Graduados e Enxeñeiros Técnicos Industriais de España), e desde xaneiro de 2019 é tamén Decano do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Madrid.


 

 


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online