Proxectos

Daniel Alonso Perez

POLONIO é un músico experimental que cun theremin, unha guitarra e innumerables aparellos, xoguetes e pequenos instrumentos, xera sons que edita ad-hoc e sobrepón de forma mántrica, xerando atmosferas imposibles sobre as que poder cantar. Este é o proxecto máis persoal de Daniel Alonso, un músico galego con formación clásica e dedicado á música desde os 16 anos que participou en numerosos proxectos de pop e rock nos últimos anos.

Preséntase en público como un cantautor experimental, que nace do amor polo analóxico e as melodías sinxelas. Procura separarse da actual industria musical e realiza concertos moi discretos en locais especiais e lugares tranquilos, montes, praias, edificios abandonados, procurando unha vivencia única e irrepetible.

 

 

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online