Proxectos

 

VermisLAB é un proxecto de innovación educativa onde potenciamos a creatividade dos nenos e nenas en campos como a robótica, a programación, a ciencia e a impresión 3D a través de talleres, campamentos ou actividades extraescolares. Realizamos unha aprendizaxe baseada en proxectos reais desde unha perspectiva integral, incorporando de maneira transversal a intelixencia emocional, o traballo en equipo, a comunicación e a educación en valores. Todo isto desde unha formulación motivadora e divertida que actúa de catalizador da aprendizaxe.

Como cada persoa é diferente, tanto nas nosas actividades extraescolares como nos campamentos e talleres buscamos un trato personalizado e unha educación baseada na diversidade. Por iso traballamos con grupos reducidos, o que nos permite adaptar os contidos en todo momento ás necesidades do noso alumnado.

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online