Este proxecto interdisciplinar desenvolvido nas materias de Tecnoloxía Industrial I e Debuxo Técnico I do IES de Brión, consiste nun visor de figuras, modelos e lugares que nos permite obter unha experiencia inmersiva de realidade virtual empregando un dispositivo móbil e unhas lentes RV.
O obxectivo principal foi a creación dun visor que nos permitise obter unha experiencia inmersiva de Realidade Virtual (RV) empregando o xiroscopio dun dispositivo móbil. O equipo utilizouno para a visualización da Illa de San Martiño (illa sur do arquipélago das Illas Cíes), varios poliedros, unha escaleira de caracol e diversas moléculas; pero sempre será posible ampliar o repertorio de figuras.
O visor de gráficos interactivos (SVG) foi deseñado con html5 e JavaScript, que poden ser explorados en 360ºx360º usando os sensores de posicionamento dun teléfono intelixente incorporado nunhas lentes estereoscópicas