Obradoiros

Vicente Moret-Bonillo

Sen inscrición previa  - 13:30

Contido gravado

Neste taller exploraranse diferentes curiosidades das matemáticas desde unha perspectiva amena e fácil de comprender. Falarase de números, de como contar, de infinitos, de xeometría, de topoloxía, e de como a natureza segue paso a paso a doutrina dos números. Finalizará cunha impresionante anécdota do xenio matemático que foi Gauss.

Vicente Moret-Bonillo é licenciado en Química Fundamental, Especialidade en Química Física, doutor en Física e catedrático de Informática. Recibiu o premio ao mérito pola súa contribución significativa no campo da enxeñería clínica, foi investigador principal de máis de 30 proxectos, director de 11 tese doutorais relacionadas con diversos aspectos da Intelixencia Artificial e autor de máis de 145 publicacións científicas en revistas e congresos internacionais.


 

 

  • Duración: 45 minutos
  • Idade: 12-15
Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online