Obradoiros

Inés Lusquiños

Sen inscrición previa

Contido gravado

Neste obradoiro aprenderás a fabricar papel a partir de papeis xa usados (folios, xornais, revistas…) empregando materiais de uso habitual en calquera fogar. A actividade iniciarase cunha pequena introdución sobre a necesidade de alongar o máximo posible a vida dos recursos para evitar que se esgoten. De seguido, pasarase ao desenvolvemento da actividade. Durante a mesma, partirase de papeis xa usados, que serán triturados para a obtención dunha pasta. Prensándoa e deixándoa secar, obterase o papel reciclado final.

Inés Lusquiños é enxeñeira agrónoma e ambiental, foi bolseira polo Ministerio de Educación para labores de investigación e Premio Fin de Carrera Enxeñería Agrónoma da Xunta de Galicia. Durante os 3 últimos anos estivo inmersa no mundo do tratamento descentralizado de residuos orgánicos mediante compostaxe. Colabora activamente con Tropa Verde en accións como este taller.

 

  • Duración: 30 minutos
Necesidades:

Será necesaria a supervisión dunha persoa adulta, xa que é preciso empregar unha batedora para triturar o papel.

Os materiais necesarios para realizar a actividad son: recipiente grande (tipo balde de plástico duns 10 litros), auga, papel usado (revistas, xornais, folios…), coador, mesturador ou batedora, perchas de arame e medias (serven rotas).

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online