Neste taller farase unha introdución á electrónica básica, electróns, circuítos básicos e traballarase a creatividade a través de plastilina condutiva e a elaboración de circuítos.
Carmela é licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un Máster en Orientación Educativa e experiencia no campo do tempo libre e a animación. Entusiasta da programación e da Impresión 3D, utiliza estas ferramentas cos/ as nenos/ as para desenvolver as súas competencias STEAM como docente en VermisLAB.
Paz é licenciada en Farmacia e especializada en microbiología pola universidade da Coruña. Realizou o máster europeo de formadores e posúe tamén un máster en márketing e dirección de empresas. Na actualidade está centrada en crear novas experiencias educativas a través do deseño de talleres, actividades e campamentos temáticos dentro do proxecto VermisLAB.
Serán necesarios os seguintes materiais: fariña, limón, aceite, sal, auga, colorante alimenticio, pila 9V, portapilas 9V, leds, cables, plastilina e acceso a unha cociña.