Este encontro, que se celebrará do 20 ao 22 de novembro, persegue fomentar a creatividade e o desenvolvemento de videoxogos, así como servir de plataforma na que coñecer a xente e establecer relacións entre os distintos participantes.
Trátase dun encontro para o desenvolvemento de videoxogos que terá formato 100% online e no que poderá participar calquera persoa ou grupo sen restricións de ningún tipo, a única limitación é que unha mesma persoa só poderá formar parte dun equipo e os equipos poderán ser como máximo de 3 persoas. Se queres coñecer todos os detalles podes visitar a páxina oficial da Game Maker Jam.
Inscrición e condicións: https://itch.io/jam/game-jam-maker-faire