Aprendizaxe de lóxica computacional e robótica a través dunha contorna virtual con Mbot. Profundarase sobre o concepto de programación, a definición de algoritmo, a contorna de programación, estruturas fundamentais de programación, mecánica básica e programación de robots, electrónica aplicada á programación (sensores e actuadores) ou simulación de manexo de robots.
Enrique Saavedra é graduado en Deseño de Produto, traballou en diversas empresas realizando traballos a metade de camiño entre a industria e a arte. En 2011 xunto a Marcos Saavedra, realiza o proxecto Vermis, finalista do Fujitsu Design Award 2011 e que sería o inicio da fundación VermisLAB ou a organización da 1ª Maker Faire da Historia de Galicia. No ano 2015, xunto a Marcos Saavedra, interveu como TEDx talker divulgando o Movemento Maker.
Computador con sistema operativo Windows 7 ou 10, Mblock 3 offline e os programas instalados que se utilizarán no curso, VSPD na súa versión Standard e simulador de robots.
https://mblock.makeblock.com/en-us/download/
https://www.virtual-serial-port.org/downloads.html
https://drive.google.com/drive/folders/1X5zlwhXLygoFNQ-aRr7Rwtsqn1OWI75k