Obradoiros

Asier Marzo

Sen inscrición previa  - 11:00

Contido gravado

Neste taller aprenderás a construír un levitador ultrasónico sinxelo formado por dous emisores ultrasónicos opostos. Estes emisores pódense sacar facilmente dun sensor de distancia ultrasónico (tipo HC-SR04). Un  arduino xerará sinais cadrados de 40 kHz, estes sinais se amplificarán cun driver L298N e excitarán os 2 emisores. Entre os emisores crearase unha onda estacionaria capaz de manter pequenos obxectos lixeiros no medio do aire. Para suxeitar os compoñentes utilizarase un pequeno soporte impreso en 3D.

Asier Marzo é doutor en informática pola Universidade Pública de Navarra, onde desenvolve o seu labor investigador e docente. Realizou investigacións no ámbito dos videoxogos, realidade aumentada e levitación acústica. O seu traballo actual céntrase en utilizar o son e a luz para manipular a materia. Os seus proxectos de investigación apareceron en varios programas de televisión da BBC, Antena 3 e en blogues de tecnoloxía (Xataka, Microsiervos, I fucking love science).

Necesidades:

É necesario ter coñecementos previos:
-Arduino básico: compilar e subir programas.
-Electrónica básica: conectar compoñentes con cables ponte. Soldadura moi básica, 
Ferramentas necesarias: un PC para subir o programa de arduino, unha chave de parafusos pequena (plano ou philips), soldador e estaño, un pouco de pegamento e o kit que se enviou tras a inscrición neste taller.

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online