Durante esta actividade trasladarase a ludoteca tradicional ás pantallas para xogar en familia doutro xeito. Tratarase de adaptar diferentes xogos de mesa ao formato online simplemente con materiais que todo o mundo teña en casa, con moita imaxinación e creatividade.
Chafarís é unha tenda de xoguetes que seleccionan cada un dos seus produtos con coidado, tratando de traballar con xoguetes que deixen voar a imaxinación e creatividade dos nenos e nenas, cos que aprender e desenvolver habilidades psicomotrices, motoras, de linguaxe, musical, lecto-escritura e moito máis.
Para realizar a actividade será necesario lápis e papel.