Obradoiros

 

19/11/2020   17:00 - 17:40

Conéctate en directo

Startup Galicia é unha comunidade aberta e colaborativa de emprendedores que promove o emprendemento en Galicia. Tratan de crear conexións entre os emprendedores do ecosistema e apoiar o crecemento do mesmo. Un dos obxectivos que pretenden conseguir é poñer en marcha iniciativas de  mentorización, formación e financiamento de proxectos. E esta é a razón de lanzar “Startup Galicia da man”, unha iniciativa de mentorización de proxectos empresariais que desenvolverán no programa de actividades da Maker Faire Galicia.

A través desta acción queren axudar aos/as  makers que teñen unha idea empresarial pero non saben como desenvolvela, como estruturar o seu modelo de negocio ou que queren crear unha empresa que sexa escalable. A formulación inicial é simple: necesitan que lles contes a túa idea e póñalos en antecedentes, a partir de aí o equipo de Startup Galicia analizará que perfís expertos necesitas e como poden orientarche da mellor maneira.

Necesidades:

Para poder participar debes encher o formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe6z0pAO7jtfJ98RI-Rt49_crmVQWnG62hMN_-3UXdTdMZYBA/viewform

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online