Proxectos

ARM2u - Escuela Técnica Superior de Ingeniería Industrial de Barcelona - Universidad Politécnica de Cataluña

ARM2u deseña e desenvolve prótese de brazo electrónicas de baixo custo mediante tecnoloxía de impresión 3D.

En que consiste?

Actualmente as próteses electrónicas son as que mellor se adaptan ao usuario, factor crave no abandono do seu uso. O prezo dunha prótese oscila entre os 10.000 e 60.000 dólares, implicando que moitos usuarios non poidan acceder e abandonen a idea de usar unha. De aí nace ARM2u, un proxecto cuxa vontade social é abaratar as próteses electrónicas facéndoas accesibles aos usuarios pero mantendo as súas funcionalidades.

ARM2u é un equipo de estudantes dedicados ao I+D do mundo biomédico, máis especificamente, das próteses de brazo. Desenvolvemos toda a prótese desde a parte mecánica ata a electrónica, un método que nos permite tanto investigar sobre os posibles puntos de abaratamento dunha prótese como de aprendizaxe para todos os estudantes que forman parte do equipo. Usamos impresión 3D para o desenvolvemento dos elementos mecánicos da prótese, abaratando o custo final desta, e o control é realizado a través de Arduino, podendo facilmente compartir tanto deseños de pezas como código para que todo aquel que queira poida fabricar a nosa prótese.

Somos o único equipo español que pode participar na competición de Cybathlon, unha competición que reúne diversos campos da enxeñería biomédica e pon a proba a súa tecnoloxía mediante a realización de diferentes tarefas.

Cal é a finalidade?

A nosa misión é ofrecer próteses electrónicas de baixo custo que teñan as mesmas funcionalidades e adaptabilidade ao usuario que aquelas que se atopan no mercado.

Doutra banda, a nosa visión é achegar as próteses electrónicas a todos aqueles usuarios que actualmente non llas poden permitir polo elevado custo, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida.  

Como funciona?

Actualmente a nosa prótese está desenvolta completamente en impresión 3D usando principalmente PLA, un material plástico de baixo custo e grandes características mecánicas. O material é un dos puntos de maior redución do custo global da prótese.

A nivel electrónico temos desarollada a tecnoloxía mioeléctrica, capaz de transmitir a corrente xerada polo músculo ao contraerse ou expandirse, a un sensor e xerar un movemento na prótese. A nosa actual prótese inclúe dúas pulsadores que, mediante presión, activan o movemento da mesma, adaptándonos ás peticións do usuario actual.

Que achega á Comunidade  Maker?

Dado que a nosa prótese é creada a través de impresión 3D e o código que rexe o seu funcionamento está baseado en Arduino, permítenos compartir con todo aquel que o necesite a nosa tecnoloxía.

Quen realizou o proxecto?

ARM2u está formado por un grupo de estudantes da Escola Técnica Superior de Enxeñería Industrial de Barcelona, pertencente á Universidade Politécnica de Cataluña.

https://arm2u-etseib.upc.edu/wp/

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online