InClock

Dispositivo que mellora a inclusión de nenos/as con discapacidade de orixe auditiva, a partir da detección de sons de interese mediante unha vibración e un sinal visual.

Intermitente

Deseño dun intermitente para vehículos con manillar.

Healthy Kingdom

Neste proxecto preséntase un videoxogo para fomentar o deporte nas persoas novas. O videoxogo detecta os teus movementos e inflúen nel.

Galicia en tren

Trátase dun robot Edison convertido en tren, segue o camiño polas principais cidades e finalmente chega a Finisterre.

Fusibox 3D

Espazo para que os makers poidan introducir dentro as súas impresoras 3D e dotalas de certa tecnoloxía.

Galdeano

Calculadora gráfica  programable  DIY.

LCD é o club de robótica de AE ​​Venda  do Pinheiro, un club aberto onde os estudantes poden desenvolver libremente as súas habilidades tecnolóxicas e creativas.

Liehunters

Neste proxecto preséntase un entretido xogo estilo  RPG para ensinar aos máis novos a como identificar información fiable na internet.

NeuroTechGAL

Nos últimos anos está a haber un auxe no desenvolvemento da neurotecnoloxía a medida que se vai coñecendo como funciona o cerebro. Non só tecnoloxía para o ámbito clínico se non tamén para a industria, o entretemento, ...

NeuroTechGAL é unha filial de NeuroTechX, a maior organización de neurotecnoloxía do mundo. Na nosa caseta poderás ver como funciona a neurotecnoloxía e como pode impactar no noso día a día.

 

Optibox

OptiBox é, ao mesmo tempo, un dispositivo de efecto  holográfico (deseñado e construído con material altamente  maquinable e de baixo custo) e unha estratexia Storytelling  Transmedia, aloxada nunha web.  OptiBox foi concibido e desenvolvido para crear ou incentivar a concienciación ambiental do público adolescente.

 

Misión: "Sistema Solar"

Planetario interactivo, con paneis táctiles, tinta  conductiva, programación,  arduino, proxección  holográfica,  RV,  RA, corte láser e idiomas.

Miniverso

É un planetario elaborado con materiais de refugallo onde os planetas xiran tanto a través de pulsadores como a través do teléfono móbil.

Listwin

A creación dunha comunidade de alumnos e profesorado, ademais de contidos para este, coma un xogo de mesa para practicar álxebra.

Maker Store

Maker Store By Allnet é unha tenda especializada na comercialización de produtos baseados no movemento Maker e a filosofía STEAM, por exemplo Impresoras 3D,  filamento 3D, compoñentes electrónicos, placas de desenvolvemento, robots educativos, ferramentas, fontes de alimentación, instrumentos de medición e control, domótica, IoT & LoRaWAN.

O aparato dixestivo

O alumnado preparou un traballo interdisciplinar empregando o Ozobot no cal explican o funcionamento do aparato dixestivo.

EKO

EKO v3.0 é un robot  humanoide cunha altura de 1,50 m., un peso de 40,5 Kg. e conta con 15 graos de liberdade.

Bastón electrónico 2.0

Trátase dun bastón que permite mellorar a calidade de vida das persoas invidentes, mediante radiofrecuencia.

C-Butts

Contedor persoal para gardar as cabichas dos cigarros evitando que acaben no chan e os seus químicos na auga.

Caixa máxica

Trátase dun recurso  tic no que usamos unha caixa de zapatos para darlle outro uso e convertémola nunha caixa de sons.

Bastón electrónico 2.0

Trátase dun bastón que permite mellorar a calidade de vida das persoas invidentes, mediante radiofrecuencia.

Alquimétricos LAB é unha plataforma de educación maker e STEAM aberta e colaborativa centrada en sistemas modulares open source e DIY.

Aeronave tripulada

O proxecto pretende fabricar unha estrutura de aeronave tripulada, prevista para propulsión eléctrica.

 

Agrodomo intelixente

O proxecto baséase na construción dun domo intelixente que permite cultivar hortalizas de forma autónoma e independente.

Agrodomo inteligente

O proxecto baséase na construción dun domo intelixente que permite cultivar hortalizas de forma autónoma e independente.

Célula 3D

Prototipo en 3D da célula, impresión en 3D,  moldes 3D,  SoftCircuits, tintas  conductivas,  arduino, programación, corte láser englishe idiomas.

Cerámica e tecnoloxía

O proxecto trátase de altofalantes de cerámica para teléfonos móbiles e esculturas relacionadas cas tecnoloxías.

 

Descobrindo antibióticos

É posible que unha mutación que modifica o exterior dunha canle transmembrana afecte tamén ás súas propiedades interiores?

 

Descubrindo exoplanetas

Prototipo dun planeta orbitando unha estrela para simular o método do tránsito usado polos telescopios espaciais para detectar exoplanetas.

EduMaker Ghana

Espazos maker en Ghana, equipamento  STEAM para escolas rurais de informática, proxecto piloto de colmeas intelixentes e planta precious plastic.

Adapta Maker

Fabricación e adaptación de pulsadores, xoguetes e outras adaptacións para a accesibilidade na vida diaria.

COANA

Sistema para o control das condicións ambientais nas aulas e outros espazos físicos dun centro educativo.

Chatterbox

Luva multifunción que permite traducir a linguaxe de signos para a axuda dos sordomudos e a comunicación silenciosa no sector da defensa.

 

Clevershop

Clevershop é un proxecto de código aberto no que un dispositivo mide o aforo en tempo real das tendas.

CuramSenes

CuramSenes, é un xestor de toma de medicinas e citas médicas. Pensado para persoas maiores, avisa a un coidador se non se tomou a medicación. Este proxecto foi finalista do concurso "  Reinventing  Healthy  Spaces" organizado por  hackster. io este ano. Trátase dun un sistema para interactuar cunha xestión de almacén a través dun asistente de voz e dispositivos de  IoT.

Con a colaboración de:
Media Partners:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022

Powered by Tu Evento Online