Os/as makers competirán por conseguir un dos premios da xornada
01/06 | 16:00hs
02/06 | 10:00hs. Só presencial
02/06 | 10:45hs. Só presencial
02/06 | 11:30hs. Só presencial
02/06 | 12:15hs. Só presencial
02/06 | 13:00hs. Só presencial
Que nos di a Ciencia sobre os videoxogos? Nun breve percorrido histórico abordaremos da man da evidencia científica actual algúns dos temas e debates máis candentes que rodean aos videoxogos, desmontando falsos mitos e aportando datos procedentes dos últimos estudos levados a cabo neste campo. Cales son os seus beneficios sobre o Sistema Nervioso Central? Inducen conductas violentas? Son adictivos? Unha ponencia para falar con rigorosidade e reflexionar.
02/06 | 16:30hs
O videoxogo como produto cultural. Esa é a premisa coa que nace Recuncho Gamer. Nesta ponencia, o seu director, Iago Gordillo, fala das posibilidades de facer contido audiovisual para as distintas redes sociais e de que características e posibilidades únicas conta o medio do videoxogo para este tipo de contidos. Desde os vídeos aos directos, desde os TikToks dun minuto aos podcasts de dúas horas. E sempre buscando achegar o videoxogo a un público máis grande e desbotando prexuizos.
02/06 | 17:00hs
Como é o proceso de creación dun estudio de videoxogos independente en Galicia? E como facer para que o teu xogo interese ata na Patagonia? Falaremos das fases polo que pasou Aruma Studios: dende o xerme da idea ata que se converteu en realidade.
02/06 | 17:30hs
Os cinco proxectos da categoría Makers PRO seleccionados pola organización como os máis destacados, competirán por conseguir un dos premios da xornada.
03/06 | 10:00hs. Só presencial
03/06 | 10:30hs. Só presencial
Os cinco proxectos da categoría Makers seleccionados pola organización como os máis destacados, competirán por conseguir un dos premios da xornada.
03/06 | 11:00hs. Só presencial
03/06 | 11:30hs. Só presencial
Os cinco proxectos da categoría Mini Makers seleccionados pola organización como os máis destacados, competirán por conseguir un dos premios da xornada.
03/06 | 12:15hs. Só presencial
O proxecto talentos inclusivos coordina desenvolvementos cooperativos entre os colexios, a Universidade e persoas con discapacidade para solucionar retos tecnolóxicos que promovan unha sociedade máis inclusiva.
03/06 | 12:45hs. Só presencial
A plataforma atópase dispoñible actualmente en portugués e está a ser lanzada en castelán para o público iberoamericano. Mostraranse modelos de uso, funcionalidades, experiencias e oportunidades de traballo en rede.
03/06 | 16:30hs
Necesitamos reconciliarnos coa terra, tecer unha nova relación entre nós e a natureza, que transcenda a visión antropocéntrica que construíu un pacto entre os homes a través do contrato social que derivou co tempo na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o cal significou un avance substantivo, sobre todo por transcender o arcaico pacto que fixeramos cos deuses.
04/06 | 16:00hs
Unha maneira de demostrar que así como as empresas que non innovaron foron desaparecendo as persoas teñen que innovar para sobresaír.
04/06 | 16:30hs
Debido a un proxecto realizado de impresión 3D solidaria onde participaron makers de toda España de maneira altruísta imprimindo avións de xoguete para os nenos hospitalizados de toda Asturias e parte do Porto, quería compartir a experiencia, como xurdiu todo, e amosar os beneficios que pode ter a impresión 3D na sociedade debido á multitude de sectores nos que se pode empregar. Demostrando así que a impresión 3D pode aplicarse con beneficio social, achegando un gran de area, levando ilusión aos nenos hospitalizados e conectar a centos de persoas para un labor social.
04/06 | 17:30hs
Nesta presentación expoñerase, primeiro a problemática que dá entrada á necesidade no sector e como esta é unha necesidade que se pode ver reflectida en moitas mais partes a nivel nacional e internacional , despois explicásese o desenvolvemento da metodoloxía utilizada para a construción do domo como solución a unha necesidade puntual
04/06 | 18:00hs
Gitanjali compartirá a súa viaxe, algunhas das súas recoñecidas innovacións, o seu proceso de innovación, a capacidade de ter un impacto coas ferramentas e os recursos que temos dispoñibles, a necesidade de apoiar aos mozos con titorías e prácticas, chamando á acción a todos os estudantes sobre a necesidade de innovar para os traballos descoñecidos do mañá
| hs
Como se fai accesible un videoxogo? Poden as persoas con discapacidade xogar en igualdade hoxe en día? Javi Andrés, xornalista especializado en videoxogos e accesibilidade, repasa e ensina nesta charla para game makers e calquera persoa interesada algúns dos videoxogos comerciais referentes en accesibilidade.
Contido gravado
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2022
Powered by Tu Evento Online