Proxectos

Maker PRO - VermisLab

O proxecto consiste nun pico satélite do tamaño dunha lata de refresco que é capaz de medir temperatura, presión e CO2.


En que consiste o proxecto?
O proxecto é un desenvolvemento dun pico satélite dentro dunha lata de refresco para que sexa capaz de descender san e salvo desde unha distancia de 1 km. No seu descenso é capaz de medir temperatura, presión e niveis de CO2 e enviala a unha estación de terra. Desenvolveuse tanto o deseño mecánico, electrónico e sistema de recuperación (paracaídas) é un proxecto totalmente interdisciplinar para simular unha pequena misión espacial.

Cal é a súa finalidade?
A finalidade do proxecto foi presentalo no concurso CANSAT de ESERO a nivel rexional en Galicia. A finalidade en concreto do noso proxecto é simular unha misión espacial na cal un satélite teña que monitorizar as condicións da atmosfera para facer un estudo da contaminación no noso planeta.

Como funciona?
O proxecto funciona cunha Raspberry Pi e un módulo de comunicación SX1262 como base do noso satélite. Ademais usáronse tecnoloxías como Onshape para realizar o deseño 3D da carcasa. Usouse Python para programar o satélite e a estación de terra.
 

Que achega á Comunidade Maker?
Este proxecto achega á comunidade Maker un proxecto baixo custo para realizar un pequeno satélite. Toda a información do proxecto atópase en Github e nas nosas redes sociais.
 

Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi realizado por alumnos de Makers PROL da academia Vermislab.

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online