Proxectos

Brais Ledo Lage

É o deseño dunha especie de go kart, pero a diferenza e que é un pouco máis grande de tamaño, e ten un monocasco.


En que consiste?
O proxecto consiste na creación dun vehículo mediante unha aplicación de deseño 3D. Este ano o meu obxectivo é presentar o proxecto ao público nunha feira como é está, e nun par de anos cando teña unha maior presuposto acabar de facer un a escala 1:1, coa axuda da impresión 3D.

Cal é a finalidade?
A finalidade de este proxecto é ensinarlle a todas as persoas o que un rapaz que comezou sen ter nin un mínimo de idea de deseño 3D, instalou unha app na súa tablet e comezou a facer bosquexos de automóbiles, e cunha impresora 3D imprimir eses bosquexos para poder observalos dunha maneira máis realista.
 

Como funciona?
As principais tecnoloxías usadas son: A máis importante a do deseño, usei Sharp 3D unha aplicación de deseño 3D que se pode adquirir na apple store dun iPad ou nun ordenador; e a impresión 3D, unha tecnoloxía que resultoume moi útil para a creación de maquetas dos deseños que facía na aplicación de Sharp 3D.Antes de imprimir as pezas tiña que pasar ao formato gcode mediante un programa chamado Ultimaker Cura. Ademais de utilizar esas tres aplicacións relacionas co deseño 3D tamén usei o software de google de follas de cálculo para calcular o presuposto de canto diñeiro invertín en imprimir as maquetas.
 

Que achega á Comunidade Maker?
O que achega este proxecto a comunidade Maker é o que se pode chegar a facer coa impresión 3D, e que todo mundo en calquera rango de idade podemos chegar a aprender a facer pezas en 3D para conseguir algo que queiramos ou precisemos.
 

Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi realizado por min, Brais Ledo Lage, que son un estudante de 3oESO e no futuro quero ser un enxeñeiro de F1.

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online