Proxectos

Chafarís

Que atoparás no noso Chafarís?

 
"Un recuncho para inspirar a túa creatividade"


Seleccionamos con agarimo e probamos xoguetes que deixen voar a imaxinación e a creatividade dos nenos e as nenas (ou non tan nenos), xoguetes para soñar, divertirse, aprender e desenvolver habilidades.

Gozamos xogando en familia a xogos de mesa, formándonos sobre ABJ e compartindo todo o que oxogo pode achegar. 

A seguridade é unha parte moi importante para nós, polo que sempre escollemos xoguetes e xogos libres de BPA, con tinguiduras non tóxicas, materiais reciclados ou ecolóxicos.
Pero non atoparedes xoguetes con pilas, a única razón é que non cremos que sexan necesarias, a imaxinación funciona mellor.

Desde o fermoso mar de pedra de Santiago de Compostela esperamos axudarvos a escoller o produto que buscades. Somos unha pequena tenda en que o trato persoal, o asesoramento personalizado e a confianza son as nosas premisas. E pensaredes que nunha tenda en liña iso non é posible, nós poñemos á vosa disposición todos os medios (telefónico, email ou redes sociais) para que nos preguntedes ou consultedes todo o que necesitedes. 
 

A quen atoparás no noso Chafarís?

 
A Cris e a Kiko
Cris, son Historiadora da arte, todo o relacionado coa creatividade e imaxinación fascíname. 
Kiko son enfermeiro, amante das ciencias, dos xogos de construción e dos xogos de mesa.

 

https://www.chafaris.es/es/

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online