Proxectos

CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas

O proxecto consiste na construción de dous instrumentos musicais con material reciclado que están conectados a un taboleiro Makey.

De que trata o proxecto?
Dende a área de educación musical trabállase en instrumentos musicais e na construción de instrumentos musicais con material reciclado. O problema é que moitos destes instrumentos que se crean non teñen o son que corresponde ao seu deseño.Con este proxecto podemos dar "vida" a estas construcións.

Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade é que o alumnado investigue os instrumentos musicais, son pezas clave na creación de instrumentos ou obxectos sonoros e se familiaricen coa placa Makey.

Como funciona o proxecto?
Consta de dous modelos de instrumentos musicais que se conectan a un taboleiro de makey que se programará para que cada vez que se toque unha tecla de piano ou un traste de guitarra soe unha nota musical.

Que aporta este proxecto á comunidade Maker?
A posibilidade de compaxinar a educación musical coas TIC, coa plataforma Scratch e co taboleiro Makey.

Quen levou a cabo o proxecto?
O proxecto foi realizado polo alumnado de 4o, 5o e 6o de Educación Primaria do CEIP Xoaquín Lourenzo Xocas de Bandejunto co asesoramento de dúas profesoras.

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online