Proxectos

Makers PRO - VermisLab

Unha app coa que poderás manexar a seguridade no teu edificio.

En que consiste o proxecto?
O proxecto consiste nunha app móbil que serve para xestionar a seguridade de portas e xanelas dun edificio de forma inalámbrica. A aplicación permíteche monitorizar unhas fechaduras magnéticas conectadas aos accesos do edificio.

Cal é a súa finalidade?
A finalidade deste proxecto é impedir a posibilidade de que a xente, maioritariamente alumnos, poidan entrar nas aulas xa que ultimamente preséntase unha gran cantidade de vandalismo ou roubo de material lectivo nos institutos próximos e decidimos crear un sistema de seguridade intelixente para as portas e xanelas.

Como funciona?
A APP realizouse por medio App Inventor. A conexión inalámbrica mediante un servidor MQTT sobre unha Raspberry Pi. O usuario pode marcar horarios na APP e ser notificado de calquera interacción que ocorra.


Que achega á Comunidade Maker?
Ofrece unha solución de seguridade baseada en tecnoloxías abertas para compartila coa comunidade Maker.


Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi realizado polo grupo de alumnos de Makers PROL de Vermislab.

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online