Charlas

Sen inscrición previa  - 13:30

Contido gravado

Se algo quedou patente neste 2020, é que a tecnoloxía é unha ferramenta indispensable para a educación do presente e o futuro. Pero coñecemos as últimas aplicacións tecnolóxicas en educación?

Para contestar a esta pregunta, as integrantes desta mesa falarannos dalgúns dos innovadores proxectos nos que participaron e como conseguiron que a tecnoloxía se converta nunha ferramenta para conseguir un fin e non o fin en si mesmo.

Ponentes

Carmen Fernandez Morante

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación e Doutora en Ciencias da Educación. Especialista en Tecnoloxía Educativa, foi Xefa da sección de Tecnoloxía Educativa do Instituto de Ciencias da Educación e a súa traxectoria profesional vincúlase á formación docente, impartindo materias universitarias como Tecnoloxía Educativa, Novas Tecnoloxías Aplicadas á Educación, Educación en Medios de comunicación e Web Social ou Investigación en e-learning, e cursos de formación e innovación docente para profesores de todos os niveis educativos e outros profesionais da educación. Actualmente é a Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC e desde 2018 Presidenta da Conferencia Nacional de Decanas/vos de Ciencias da Educación.

 


Conchy Fernandez

Profesora de Tecnoloxía na Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Actualmente desenvolve o seu traballo desde unha asesoría de formación do profesorado ligada aos proxectos STEM/STEAM e á transformación de espazos educativos. Creadora de contidos dixitais, cursos virtuais e con experiencia en coordinación TIC e en equipos de traballo así como en introducir o uso dos espazos  maker nos centros educativos.

 


Carmela Salguero

Licenciada en Pedagoxía pola Universidade de Santiago de Compostela, ten un Máster en Orientación Educativa e experiencia no campo do tempo libre e a animación. Entusiasta da programación e da Impresión 3D, utiliza estas ferramentas cos/as nenos/as para desenvolver as súas competencias STEAM como docente en VermisLAB.

 


Luz Castro

Doutora en informática, deseñadora de videoxogos e divulgadora. Experta en xogos educativos e aplicados (serious games). Docente nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, así como en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC. Socia fundadora de  imaxin|software. En 2012 recibiu o I Premio Ada Byron do CPEIG.

 


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online