Tanto se es dos/as que cren que os videoxogos non serven para nada coma se consideras que son o único que importa, recomendámosche encarecidamente que non perdas esta mesa.
Nela contaremos con diferentes perspectivas deste sector, desde a friki á académica pasando pola empresarial ou a docente, que nos mostrarán a súa transversalidade e o potencial de presente e futuro que ofrece.
Luz Castro, doutora en informática, deseñadora de videoxogos e divulgadora. Experta en xogos educativos e aplicados (serious games). Docente nos graos de Comunicación Audiovisual e Creación Dixital, Animación e Videoxogos, así como en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos da UDC. Socia fundadora de imaxin|software. En 2012 recibiu o I Premio Ada Byron do CPEIG.
Enxeñeiro en informática e apaixonado dos videoxogos. Empezou a programar aos 15 anos facendo scripts para mIRC. Traballou en España, Irlanda e Inglaterra programando apps, algunhas moi famosas. Xunto con Alfonso Amorín, creou Pixfans.com, un dos blogues máis visitados en castelán sobre videoxogos. Actualmente traballa de profesor de Formación Profesional en Negreira e programa apps ou xogos nos seus intres libres por afección.
Historiador, especializado en Historia Contemporánea, e traballa na USC como investigador. Afeccionado aos videoxogos, en 2007 funda con Juan Gestal Pixfans.com, un blogue no que publicaron máis de 4.00 posts e que logrou máis de 50 millóns de visitas. Actualmente está a poñer en marcha varios proxectos que vinculan os videoxogos coa historia dentro de HISPONA, o seu grupo de investigación. Entre eles a dirección dun TFM de Historia e videoxogos, unha publicación en preparación e varios proxectos para usar o lecer interactivo no ámbito das Humanidades.
Licenciado en Humanidades e actualmente traballa como administrativo aínda que a súa gran paixón é a creación de aventuras gráficas. En 2006 creou a súa pequena compañía, Akkad Estudos, á que se uniu, uns anos despois, o seu compañeiro Alejandro Fandiño. Xuntos publicaron 7 aventuras e os seus xogos son totalmente gratuítos.
Graduada en Comunicación Audiovisual e actualmente estudante de último ano do mestrado de Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos. Comezou no mundo de creación de videoxogos en terceiro de carreira, co documento de deseño do que sería o seu proxecto de fin de grao, Odal, un videoxogo “metroidvania” de plataformas e fantasía. Ao ano seguinte, creou un colectivo multidisciplinar chamado Digital Monster Collective, no que actualmente participa como UX Designer e Game Designer en xeral. Actualmente ten dous xogos de jams publicados e outros tres xogos máis ambiciosos en desenvolvemento.