A democratización tecnolóxica ha suposto unha revolución en moitos sectores nos últimos anos e un deles foi o aeronáutico. Isto fixo posible un desenvolvemento moi potente no sector e que sexa moito máis accesible a todo o mundo.
Nesta mesa reflexionaremos sobre os aspectos positivos e negativos diso e analizaremos as oportunidades que vai ofrecer a curto e medio prazo, tanto para as empresas tecnolóxicas consolidadas como para as startups ou os/as alumnos/as de FP ou universitarios.
Enxeñeiro Industrial e docente de aeromecánica, sempre estivo relacionado co sector aeronáutico, desde a posta en marcha e supervisión de varias empresas do sector, ata a colaboración na posta en marcha do Ciclo Superior de Mantemento Aeromecánico en Galicia. Actualmente é xerente de Aerolugo.
Director xeral de Lupeon, enxeñería pioneira na aplicación da fabricación aditiva aos procesos industriais.
Licenciado en CC. Económicas e Empresariais, Master de Planificación, Financiamento e Xestión de Proxectos, MBA polo Instituto de Empresa. Experiencia de máis de 15 anos en postos de Dirección Financeira e Xerencia. Na actualidade é responsable de proxecto, administrador en GENERADRON INNOVACION.
Profesora Titular da área de Enxeñería Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría na Escola Politécnica Superior de Lugo. Coordinadora do Máster en Operacións e Enxeñería de Sistemas Aéreos non Tripulados e Coordinadora do Grupo de Investigación CIGEO – Grupo Integrado de Enxeñería Civil e Xeomática. Autora de máis de 36 artigos e participación en máis de 40 congresos nacionais e internacionais. Dirixiu e participado en diversos proxectos relacionados coas aplicacións dos drons no estudo do patrimonio así como en cultivos agrícolas e plantacións forestais.