Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Maitane contará como foi evolucionando a súa máquina de conservación de alimentos desde unha simple idea a un proxecto de envergadura

Esta estudante de medicina empezou a interesarse pola conservación de alimentos ao ver a cantidade de comida que sobraba na súa casa cada vez que o seu pai cociñaba. Desenvolveu un primeiro prototipo que presentou na Zientzia Azoka de Elhuyar (Euskadi) onde conseguiu o primeiro premio. A partir de aí participou en distintas feiras e certames, conseguindo distintos premios e mencións de honra. Ese primeiro prototipo de conservador de alimentos evolucionou notablemente e este ano Maitane presentaránolo na Maker Faire Galicia, contándonos todo o proceso de desenvolvemento ata chegar a el e as aprendizaxes que xurdiron no camiño.


 

 

Ponentes

Maitane Alonso

Nova estudante de medicina que empezou a interesarse pola conservación de alimentos ao ver a cantidade de comida que sobraba na súa casa cada vez que o seu pai cociñaba. Isto levouna a investigar sobre microbioloxía e desenvolver un primeiro prototipo que presentou na Zientzia Azoka de Elhuyar (Euskadi) onde conseguiu o primeiro premio. A partir de aí participou en distintas feiras e certames, conseguindo distintos premios e mencións de honra. A súa participación no Exporecerca Jove levouna a conseguir o premio da Societat Catalá de Biologia e o recoñecemento Intel, o que a levou a participar na final do campionato do mundo de Ciencia e Tecnoloxía, obtendo a maior distinción en Sustentabilidade e a segunda en Microbioloxía. Fundadora de Innovating Alimentary Machines. Investigadora e inventora e estudante de medicina en UPV/EHU.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online