Charlas

Sen inscrición previa  - 17:15

Contido gravado

O desperdicio dos alimentos é un dos grandes problemas que temos como sociedade e que ten un impacto moi negativo no planeta.

Para solucionalo Maitane Alonso revolucionou a forma na que podemos conservalos, grazas a unha máquina de desenvolvemento propio e que lle reportou números premios a nivel internacional.

Nesta charla falaranos de como funciona o seu proxecto, que vantaxes ten con outros sistemas, en que punto está agora e cales son os seguintes pasos que quere dar.

Ponentes

Maitane Alonso

Nova estudante de medicina que empezou a interesarse pola conservación de alimentos ao ver a cantidade de comida que sobraba na súa casa cada vez que o seu pai cociñaba. Isto levouna a investigar sobre microbioloxía e desenvolver un primeiro prototipo que presentou na Zientzia Azoka de Elhuyar (Euskadi) onde conseguiu o primeiro premio. A partir de aí participou en distintas feiras e certames, conseguindo distintos premios e mencións de honra. A súa participación no Exporecerca Jove levouna a conseguir o premio da Societat Catalá de Biologia e o recoñecemento Intel, o que a levou a participar na final do campionato do mundo de Ciencia e Tecnoloxía, obtendo a maior distinción en Sustentabilidade e a segunda en Microbioloxía. Fundadora de Innovating Alimentary Machines. Investigadora e inventora e estudante de medicina en UPV/EHU.


Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online