Proxectos

CESGA - CPI O Cruce

Podese mellorar o xeito no que aprenden os estudantes sobre o océano, usando pedagoxías dixitais e tecnolóxicas? Esta é a principal pregunta que quixemos tratar neste proxecto, cun equipo europeo formado por escolas, universidades, acuarios e centros tecnolóxicos do Reino Unido, Dinamarca e España. Para isto, o Cesga apoia a creación de materiais e propostas con tecnoloxías innovadoras, principalmente a Realidade Virtual e a Realidade Aumentada, e as pedagoxías dialóxicas e creativas.

No marco do proxecto desenvolveuse unha ferramenta VR para a alfabetización oceánica, xunto con recursos on-line de acceso libre e de uso gratuíto que permitirán ás escolas de toda a UE desenvolver os seus proxectos de alfabetización oceánica mediante pedagoxías creativas con ferramentas dixitais AR / VR. 

Algunhas das actividades realizadas en colaboración co CEIP O Cruce foron a producción dun banco de peixes ou a creación de biomateriais funcionais.

Aquí pódese atopar a ferramenta de creación de contidos de Realidade Virtual.

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online