Obradoiros

Dani Sanz

Sen inscrición previa

Contido gravado

Neste taller repasarase a contorna de programación Makecode Arcade e como se pode aproveitar en educación para a creación de aplicacións temáticas. Veranse os factores que diferencian esta contorna doutras opcións e cales son os puntos fortes que poderían ser aproveitados en educación. Tamén se realizará un exemplo utilizando as funcións básicas da contorna creando un videoxogo sinxelo ou aplicación temática.

Dani Sanz é electrónico industrial especializado en automática e control. Tras case 20 anos dedicados á automatización industrial en xaneiro de 2020 decidiu dedicar todo o seu esforzo ao proxecto Juegos Robótica. Coa robótica educativa tenta trasladar toda esa experiencia acumulada ás novas xeracións.

 

  • Duración: 1 hora
Necesidades:

Ordenador con acceso a internet

 

Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online