Obradoiros

Ricardo Baamonde

Sen inscrición previa

Contido gravado

O fin da pobreza (ODS1), fame cero (ODS2) ou igualdade de xénero (ODS5) son algúns dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible marcados pola ONU. Estímase que, actualmente, 1.500 millóns de persoas en todo o mundo non dispoñen aínda da posibilidade de refrixerar os seus alimentos. Non ter acceso a unha neveira provoca que, maiormente as mulleres, teñan que estar atadas a cocíñalas día tras día, impedindo de maneira importante o seu progreso e desenvolvemento. 

Para tratar de buscar unha solución a este problema, nace o proxecto  The Universal  Fridge ( TUF), cuxo obxectivo principal é que todo o mundo dispoña da posibilidade de refrixerar os seus alimentos no ano 2030. Este logro permitiría, á súa vez, o empoderamento de moitas persoas, mulleres na súa maioría, que hoxe en día aínda non teñen a posibilidade de refrixerar a súa comida.

Ricardo é enxeñeiro técnico industrial e traballou durante moitos anos como docente de Formación Profesional. Actualmente é o presidente da asociación Operación Pangono Pangono e promotor do proxecto Universal Fridge.

 

  • Duración: 30-45 minutos
Patrocinadores

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2020

Powered by Tu Evento Online