Como adaptar un oficio tradicional ós tempos de agora empregando as redes sociais como ferramenta de difusión.
Elena Ferro pertence á terceira xeración dunha familia especializada na elaboración de zocos de madeira que data do ano 1915.
Elena coa súa marca Eferro logrou transformar a mentalidade respeto a un produto asociado ó rural e ó traballo do campo, agora empregados como complemento de moda con deseños e cores arriscadas, engadindo un elevado grao de innovación a un produto tradicional.
Elena gañou diversos premios e recoñecementos, entre os que se pode destacar o Premio de Artesanía Antonio Fraguas ou o Premio Nacional de Artesanía 2019.
Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024
Powered by Tu Evento Online