Charlas

Sen inscrición previa

Contido gravado

Ponentes

Eldara Rodríguez Cobo

Doutora en Química pola Universidade de Santiago de Compostela, con casi 20 anos de experiencia en investigación, primero no grupo da USC NANOMAG y posteriormente no sector privado no Departamento de I+D de NANOGAP (spin-off da USC adicada o desenvolvemento e fabricación de nanomateriais).

Entusiasta da Innovación e a Transferencia Tecnolóxica, en 2006 participou na fundación de NANOGAP e a partir de 2016  pasou a ser Responsable de Innovacion, facéndose cargo da xestión de proxectos, da propiedade intelectual e a transferencia de coñecemento.


 

 


Álvaro Goyanes

Álvaro Goyanes é profesor na Facultade de Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é director e cofundador de FabRx, a primeira compañía dedicada á impresión 3D de medicamentos personalizados, e profesor honorario na University College London – School of Pharmacy (Reino Unido). Álvaro foi un dos primeiros investigadores en avaliar as oportunidades da impresión 3D para fabricar medicamentos e publicou máis de 70 artigos. Foi incluído na lista elaborada por Web of Science dos investigadores máis influentes do mundo desde 2019 e é un recoñecido experto mundial en impresión 3D de medicamentos con máis de 100 comunicacións en conferencias internacionais. Ten un doutoramento en Farmacia da Universidade de Santiago de Compostela e traballou durante 3 anos como Farmacéutico Adxunto, polo que ten coñecemento de primeira man das necesidades de medicamentos dos pacientes de oficinas de farmacias.


Patricia Fraga María

Licenciada en Bioloxía e MSC Biotecnoloxía pola USC. Os primeiros anos tivo a oportunidade de adquirir experiencia investigadora, colaborando coa USC no Departamento de Fisioloxía Vexetal. Posteriormente traballou na spin off da USC Software 4 Science Developments, empresa relacionada co desenvolvemento de software biofísico para a caracterización termodinámica de moléculas e des

envolvemento de fármacos. Actualmente traballa en DIH DATAlife como consultora de proxectos relacionados co ámbito da saúde e a biotecnoloxía. O obxectivo de DATAlife é a implantación de tecnoloxías disruptivas como Big Data, Intelixencia Artificial, HPC... e favorecer o intercambio de coñecemento entre diferentes axentes (universidades, pemes, grandes empresas e/ou centros tecnolóxicos).


 

 


Julio Martínez Rumbo

Graduado en Bioloxía pola Universidade da Coruña e MBA en dirección de empresas e emprendemento. Durante a súa carreira profesional traballou en distintas áreas e sectores adquirindo unha visión transversal do mundo empresarial ligado á ciencia e a innovación. Desde hai 5 anos traballa como Project Manager no Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga), desenvolvendo a xestión integral de proxectos do clúster, a organización de eventos e actividades e a redacción de informes e estratexias sectoriais, así como o seguimento de políticas de innovación relacionadas coa biotecnoloxía e as ciencias da vida, tanto a nivel rexional como internacional.


Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online