Proxectos

C.I.P.F.P EL Arenal (Sevilla) / ONLINE

Conéctate en directo

02/06/2023     10:00 - 14:00

Deseño e fabricación de aparcamentos de monopatines eléctricos para centros de ensino medio e superior.


En que consiste?
Ante a necesidade de atopar unha solución para que os alumnos, alumnas e equipo docente poidan desprazarse en vehículos de mobilidade sostible ao centro, entre eles o monopatín. Concluíuse que non se realizaba o uso dese vehículo sostible, debido a que non existía un lugar seguro, nin eficaz á hora de poder cargalo no centro. Por iso, traballouse no centro desde a aula de emprendemento, para deseñar e fabricar un aparcamento de monopatín eléctrico, para iso, traballaron en equipo os alumnos/as de electricidade, de mecanizado e de soldadura. 
 

Cal é a finalidade?
Fomentar a mobilidade sostible nos desprazamentos aos centros educativos e fomentar a cultura emprendedora nos alumnos/as. O noso obxectivo é ser un Centro educativo Sostible, que aposta por cumprir os obxectivos de desenvolvemento sostibles. E que esta ambición sexa exportable ao resto de centros educativos.
 

Como funciona?
O proxecto desenvolveuse dentro dos talleres de emprendemento da aula de emprendemento do centro. Para iso, participaron alumnos/as de tres ciclos formativos, de modo que a estrutura de metal foi deseñada e fabricada no taller do centro polos/as alumnos/as de soldadura. As pezas de ancoraxes dos cadeados de seguridade foron deseñadas polo alumnado do ciclo demecanizado. E por último o ciclo de electricidade estudou a mellor forma de carga das baterías de monopatines.

Atopámonos nunha fase inicial de proba do prototipado do noso aparcamento de monopatines eléctricos deseñado e fabricados no centro.

Instalámolo en novembro do 2022, no noso centro, e a finais de Maio do 2023 realizaremos o estudos dos datosde os usuarios do aparcamento. Desta forma teremos os datos reais de usuarios reais para proceder ao estudo e aplicación das melloras do produto e servizo.
 

Que achega á Comunidade Maker?
Este proxecto achega unha metodoloxía de traballo para os centros educativos de formación profesional, e exportable a todos os centros. De forma, que os alumnos/as do centro formativos son parte activa no desenvolvemento dos proxectos do centro, e capaces de facer posible que os problemas se convertan en vantaxes para os centros. Sempre baixo a guía dos obxectivos de desenvolvemento sostible, conseguindo nos centros unha cultura emprendedora e un centro educativo sostible.
 

Quen o realizou?
Estudantes de ciclo medio e superior do C.I.P.F.P El Arenal, desde a aula de emprendemento do centro.

https://fpelarenal.es/

https://www.facebook.com/cpifpelarenal

https://www.instagram.com/cpifpelarenal/

 

 

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online