Proxectos

Ceip Ponte dos Brozos Arteixo

IA VIRTU-RECICLAXE promove a conciencia ambiental e o desenvolvemento sostible na comunidade usando IA, RV e programación paraensinar sobre reciclaxe.

En que consiste o proxecto?
Partindo dun mundo en constante cambio, cremos necesario unha sensibilización e concienciación nas aulas do noso centro sobre aproblemática existente en torno ao cambio climático, o coidado do medio ambiente e a adopción de medidas urxentes para paliar odeterioro do planeta. O noso proxecto ofrece á comunidade educativa unha forma innovadora de aprender acerca da reciclaxe empregandoa Intelixencia Artificial, a Realidade Virtual e Aumentada e a Programación. Proxectos como Virtu-reciclaxe contribuen a fomentar odesenvolvemento sostible así como promover a consciencia ambiental entre o alumnado a partir da creación de simulacións 3D enRealidade Virtual, xogos de reciclaxe no Cubo Merge e animacións coa plataforma CoSpaces. Empregamos as potencialidades daIntelixencia Artificial a través de Teachable Machine e outras ferramentas de IA xenerativa como Dalle-2, Scribble Diffusion, Bloklade Labspara traballar os ODS.

Cal é a finalidade deste proxecto?
A finalidade do proxecto IA VIRTU-RECICLAXE é fomentar a consciencia ambiental e o desenvolvemento sostible na comunidadeeducativa, ofrecendo unha maneira innovadora de aprender sobre a reciclaxe a través do uso de tecnoloxías como a intelixencia artificial, arealidade virtual e aumentada e a programación.

Como funciona o proxecto?
O proxecto IA Virtu-reciclaxe ofrece unha experiencia educativa innovadora para concienciar sobre a problemática do cambio climático e aimportancia da reciclaxe.IA Virtu-reciclaxe componse de varios microproxectos nos que empregamos diferentes ferramentas, como a plataforma CoSpaces, CuboMerge, Teachable Machine, Scribble Diffusion e Blocklade Labs, que permiten aos estudantes crear entornos virtuais e interactivos,xogos e animacións.Microproxectos:-Smart City Sostibles: Crease con Blocklade Labs, unha web que permite crear entornos virtuais en 360 graos. O alumnado crea naplataforma CoSpaces as súas cidades sostibles e fainas interactivas empregando a programación. Con esta ferramenta, o noso alumnadopode crear proxectos interactivos e inmersivos, o que lles proporciona unha experiencia de usuario atractiva e participativa.-Xogos de reciclaxe co Cubo Merge e Scribble Difussion, unha ferramenta que permite ao alumnado crear imaxes a partir dun textoempregando a IA. Logo, usan a linguaxe de Coblocks para crear videoxogos e outras animacións.-Montañas rusas sostibles: crean espazos sostibles 3D vistos desde unha montaña rusa seguindo os principios da sostenibilidadeambiental e ecolóxica, reducindo así as emisións de CO2, utilizando a eficiencia enerxética e as fontes de enerxía renovables, xerandoespazos verdes con hortos ecolóxicos e reciclando correctamente os residuos no contedor correcto.-IA-Virtu-reciclaxe: Coa axuda de Teachable Machine creamos un modelo de aprendizaxe con diferentes imaxes de distintos residuos(cartón, vidro, papel, envases de plástico, restos inorgánicos...). Exportamos o modelo adestrado en Teachable Machine a Scratch paraprogramar as diferentes cores dos contedores de reciclaxe nos que se depositaría cada residuo.Empregando este tipo de tecnoloxía o alumnado pode crear proxectos de aprendizaxe automática, nos que coñecen como funciona a IA eademais aprenden a xestionar os residuos.As ferramentas utilizadas no proxecto permiten aos estudantes experimentar con diferentes tecnoloxías e crear proxectos creativos einteractivos, o que aumenta o seu interese e compromiso co tema.

Que achega este proxecto á Comunidade Maker?
O noso obxectivo vai en liña coa filosofía maker xa que se trata de fomentar a creatividade e a innovación a través da creación deproxectos, e de promover o acceso á tecnoloxía e ás ferramentas de fabricación dixital para todos. Tamén buscan fomentar a colaboracióne o intercambio de coñecementos entre os seus membros, así como promover valores como a sustentabilidade, a economía circular e areutilización de materiais.

Quen realizou o proxecto?
O proxecto foi levado a cabo polo alumnado asistente ao Club de Ciencia do CEIP Ponte dos Brozos (alumnado de 5o e 6o de EducaciónPrimaria)

https://sites.google.com/pontedosbrozos.gal/clubcienciapdb/virtureciclaxe

Con a colaboración de:

Todolos dereitos reservados. Maker Faire Galicia, 2024

Powered by Tu Evento Online