Samu, o Maker do renacemento

Nos últimos anos, os perfís profesionais apostaron pola especialización constante, buscando sobre todo coñecementos específicos e optimización. Porén, neste momento, onde xa comezamos a intuír o alcance da intelixencia artificial, hai unha tendencia contraria que busca perfís que saiban navegar pola incerteza, adaptarse aos cambios e mostrar unha gran versatilidade.

Proba diso é Samu, un Maker de Gondomar, que con 13 anos é ilustrador, grafitero, escultor, actor e skater.

Con tan só 6 anos comezou a facer as súas primeiras ilustracións e con 7 entrou de cheo no mundo do graffiti, despois de coñecer a Gori, un grafitero da súa vila que pintaba na súa escola.

O primeiro festival ao que asistiu foi El millo Verde en 2019 cando só tiña 8 anos e ese mesmo ano tamén participou na exposición de graffiti do festival Galifornia Beat. A partir dese momento participou no Festival Demostramos ou no festival da cultura de Vigo o pasado verán, entre outros.
Paralelamente, Samu comezou a debuxar cuncas e a subir as súas creacións ao seu instagram, que tanto nos gustou, que na edición 2022 de Maker Faire Galicia convidámoslle a impartir un obradoiro, para que puidese compartir os seus coñecementos coa comunidade.

Como podedes ver no seu instagram, este renacentista tamén se interesou pola escultura, realizando creacións verdadeiramente espectaculares con masilla polimérica e integrando material de refugallo como refrescos ou latas de spray, ao verdadeiro estilo Steve Casino.

En 2021 Samu dá o salto ao cine e participa na curtametraxe A Rabia, que foi seleccionada en festivais de Francia, Brasil ou Colombia e que foi nomeada recentemente na última edición dos Premios Mestre Mateo do Cine Galego.

Para poder facer todo isto mentres estudas a ESO no IES Auga de Laxe de Gondomar hai que estar en forma física, algo que Samu consegue co skate, unha paixón que practica dende os 8 anos e que comparte con o seu irmán pequeno e ao que el Por suposto, traslada o seu talento ilustrando.

Este ano teremos a honra de contar con Samu na xornada educativa da Maker Faire Galicia o 2 de xuño, onde nos ensinará todo o que lle trouxo a aprendizaxe non formal e nos contará cales son os próximos proxectos que ten en mente.