A Maker Faire Galicia celebrará este 2024 a súa X edición (9 Maker Faire Galicia + 1 Mini Maker Faire Compostela) e aproveitando a ocasión decidimos darlle unha volta ao formato do evento. Pasará de celebrarse durante 4 días consecutivos e nunha mesma localización, a facelo en varios momentos do ano e en localizacións diferentes da cidade de Santiago.
Así, a finais de xuño terá lugar unha xornada adicada ao emprendemento e á innovación social, que equivale ás xornadas abertas de anos anteriores. No mes de novembro celebrarase unha xornada adicada ao mundo dos oficios e no mes de decembro a xornada da industria. Nas próximas semanas contaremos máis novidades respecto disto :).
Para que poidas formar parte dalgunha destas xornadas, xa podes inscribirte desde hoxe no noso Call for Makers 2024.
Quen pode participar
Calquera persoa, equipo, centro educativo, asociación ou organización que desenvolvese un proxecto, unha formación ou un espectáculo innovador en calquera ámbito e que queira compartilo en aberto co mundo.
Como presentar o teu proxecto na Maker Faire Galicia 2024
Só tes que seguir estes pasos
1. Accede ao noso formulario AQUI
2. Elixe a xornada ou xornadas nas que queres participar
3. Selecciona o tipo de proxecto, completa a información do mesmo e envía a túa candidatura
Se o teu proxecto resulta seleccionado, poderás formar parte da edición 2024 da Maker Faire Galicia.
Tes ata o 30 de abril de 2024 para inscribirte, esperámoste!